Web Page Maker

ANDAINA

 Val do San Mamede A Teixeira

ANDAINA 9:15 h 

Centro Social de Castro de Escuadro


A proba consiste nun percorrido de aprox 12 km pola Serra de San Mamede con saída e chegada o pobo de Castro de Escuadro, pasando polo pobo da Teixeira para máis tarde baixar novamente a Castro de Escuadro.

Dito percorrido estará asistido por voluntarios, ademais estará sinalizado con cinta de balizar de cor branca-azul durante todo o traxecto. Haberá puntos de avituallamento nos ptos km 6 e 9.5

Tódolos participantes na modalidade ANDAINA deberán levar permanentemente o dorsal colocado nun lugar ben visible.

Advertencia: esta modalidade non terá carácter competitivo. 

A cota de inscrición dará dereito a participar na proba, seguro de accidentes, bolsa do corredor, avituallamentos, gardaroupa, duchas, comida postcarreira e participar no sorteo de cantos agasallos consiga a organización.

É obligatorio avisar nun control ou a un membro da organización do abandono e entrega do correspondente dorsal.

No poden participar menores de 14 anos na modalidade andaina a data na que se celebra o evento (21 de maio de 2017).

Un ano mais este evento ten un lado solidario que nos define, este ano decidimos aportar o 20 % da recaudación das inscricicions o seguinte proxecto promovido pola ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA: Programa: Loita contra a pobreza e a exclusión
Colectivo: Persoas afectadas pola crisis socioeconómica en xeral (ingresos menores a 500€/mes) en particular.

Os participantes que tomen saída na modalidade ANDAINA deberán saber que nalgun momento do percorrido se van a atopar cos corredores, os cales lle deben facilitar o paso na medida do posible para evitar accidentes ou caídas.

RETIRADA DE DORSAIS

Poderanse retirar o día anterior sábado 20 de Maio de 18:00 a 21:00 horas no Castelo de Maceda, ou o mesmo día da proba ata media hora antes do inicio da proba. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.